viernes, 27 de febrero de 2009

Proba 14


Modifica este logo e tradúceo ó galego.

Proba 13

Esta aplicación Wordle nos permite xenerar nubes de palabras a partires do texto que introduzcamos.
EScribe as cousas que che dan enerxía e ganas de vivir!!! Pono como comentario
title="Wordle: aficions"> src="http://www.wordle.net/thumb/wrdl/593277/aficions"
alt="Wordle: aficions"
style="padding:4px;border:1px solid #ddd">

Proba 12:


Deletreando con Flick
A seguinte aplicación nos permite escribir palabras empregando imaxes de flickr.
Escribe unha palabra.

lunes, 9 de febrero de 2009


Dí que foi o peor día da súa vida.
Bueno, un pouquiño friki sí que é este Enjuto Mojamuto.

Proba 11

Seguimos a traballar co Paint pero imos facer algo moi diferente.
Mira primeiro este tutorial de Paint
E fai o mesmo.

Proba 10

Hoxe falaremos de :
Google avanzado
Búsqueda de presentacións en Power point na rede

ACTIVIDADE 1: Google avanzado
1. Cantas páxinas web publicaron algún artículo referente ó equipo de fútbol "Alianza Lima" en español en Perú nesta última semana?
2. Consigue unha imaxe da camiseta deste equipo de fútbol tamén coñecido como o equipo dos pobres e do pobo.
3. Cantas páxinas web da xunta de Galicia publicaron algo referente ó "Fracaso escolar"?
4. Cantas páxinas web hai no mundo que falen de "Rafa Nadal"?
5. Cantas web no mundo existen que falen de "Fútbol"?
6. Cantas páxinas web hai en Arxentina que falen de "Soja transgénica"?
7. Cantas webs hai en Australia escritas en inglés e que falen de transxénicos? Ollo ó facelo!!!!
8. Convértete nun espía: busca información sobre unha persoa "María González López" ou un DNI. Ou sobre ti na rede. Escribe un enlace que atopes.
6. Consigue o teléfono de María del Carmen Romero Pérez e tamén a súa dirección.A única pista que tes é que vive en Las Palmas.

ACTIVIDADE 2: Búsqueda presentacións Power point
7. Busca 3 presentacións de power point que trate sobre o tema que ti queiras. Copia os enlaces a continuación.Míraas antes e escolle as mellores.

Proba 8-9

Proba 8: Modificar e traducir ó galego unha imaxe da proba 7.
Proba 9: Traducir ó galego un cómic.
Estas probas hai que enviarllas á profe e poñer en asunto Probas 8-9. Adxuntamos dous documentos.

Proba 7


1. Cambia a páxina de inicio de internet. Pon o blog do noso instituto. Ferramentas. Opcións de internet.
2. Elimina tódalas páxinas visitadas nos últimos días no teu ordenador.
3. Buscar imaxes ou vídeos graciosos relacionados coa informática. Si son imaxes envíallas ó correo da profe pon en asunto: Proba 7

jueves, 5 de febrero de 2009

Falan de nos

No blog illadearousa.blogspot.com falan de nos!!! Falan deste blog de informática e aparece unha imaxe do blog de Paula!
Tamén citan o blog de Adrían Cores.
Mirádeo, é unha entrada do 3 de febreiro.

Correximos a proba 1

Correxiremos a proba 1.
Para ver si coñecemos un pouquiño máis ós nosos compañeiros imos a correxir esta proba.
Temos que ter como mínimo 3 acertos nas preguntas que fixo cada compañeiro.
Poñede atención.
O conseguistes. Proba superada: 1 positivo

Pintar a Aula de informática


En principio quedamos o venres 13 de febreiro pola tarde para pintar a aula de informática.

Confirmados: María, Paula, Eloy, Lorena, Cristina, Kevin e a profe. Si alguén mais se anima avisade.
A cor foi motivo de polémica, a parede na que se proxecta o cañón de luz ten que ir pintada de blanco. E o resto das paredes as pintaremos de duas cores: lila clariño e ¿? a outra cor a elixe a profe.
Agradecemos tamén a Chiara de 4º PDC que nos trouxo un montón de telas para tapar os ordenadores e evitar que se estraguen mentras pintamos.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Proba 6: Películas


Escribe os enlaces para ver 10 películas ou documentais enteiros.
Proba en video google e tamén podes facelo en youtube.
Envía os enlaces ó correo da profe.
Pon en Asunto: proba 6
Pon tamén o título da peli ou do documental.
Os mellores enlaces os poremos neste blog.
O último día para enviar esta proba é o 6 de febreiro. A profe sólo vos vai deixar un ratiño da clase deste venres para acabala, así que por favor apurade.

Proba 5: Dominios


Prepara esta proba en word e envíalla por correo electrónico á profe.A boa presentación é importante.

NOMES DE DOMINIO
· Ademáis da dirección IP, existe outra forma de identificar ós ordenadores en internet, empregando nomes de dominio (por exemplo, http://www.google.es/ ó http://www.marca.com/).
COMO AVERIGUAR A DIRECCIÓN IP DUN ORDENADOR DO QUE SE COÑECE O NOME DO DOMINIO
· Abre o menú INICIO e selecciona a opción: PROGRAMAS, ACCESORIOS, SIMBOLO DO SISTEMA e se abrirá unha fiestra. Introduce o comando ping e a continuación o nome do dominio: por exemplo, ping http://www.google.es/ Ademáis, este comando indica si o ordenador en cuestión está operativo.

ACTIVIDADES
1. Cal é a dirección IP de http://www.google.es/ ?
2. Abre o navegador de Internet (explorer o firefox) e escribe a dirección IP na barra de direccións. Que acontece?
3. ¿Cuál es la dirección IP de http://www.tuenti.com/ ?
4. Abre o navegador de Internet (explorer o firefox) e escribe a dirección IP na barra de direccións. Que acontece?
5. Volve a executar o comando ping ca dirección IP do ordenador do teu compañeiro da dereita. Indica: paquetes enviados, recibidos e perdidos.
6. Desconecta momentáneamente o cable de rede do ordenador do teu compañeiro da dereita e volve a executar a acción do exercicio 5. Indica: paquetes enviados, recibidos e perdidos. Que aconteceu?

Proba 4: Dirección IP

Prepara esta proba en word e envíalla por correo electrónico á profe.
A boa presentación é importante.

QUE É A DIRECCIÓN IP
· Nunha rede, os ordenadores que a constitúen se identifican ca dirección IP (Internet Protocol ou Protocolo de Internet).
· Está composta por 4 números, separados por 3 puntos. Cada un dos 4 números pode valer dende 0 a 255.
· Exemplos:
192.168.2.3
199.22.125.15

CÓMO AVERIGUAR A DIRECCIÓN IP DO TEU ORDENADOR
· Abre o menú INICIO e selecciona a opción: PROGRAMAS, ACCESORIOS, SIMBOLO DO SISTEMA y se abrirá unha fiestra. Introduce o comando ipconfig.

ACTIVIDADES
1. Averigua cal é a dirección IP do teu ordenador completando a seguinte táboa:
Dirección IP
Máscara de subred
Porta de enlace predeterminada (router)

2. Enche esta mesma táboa cos datos do teu compañeiro da dereita:
Dirección IP
Máscara de subred
Porta de enlace predeterminada (router)

3. Indica cales das seguintes direccións IP son correctas e cales son erróneas:
122.44.85.1
140.23.44
1000.200.300.400
140.262.28.32
130.206.44.220
22.33.44.55