martes, 25 de enero de 2011

Proba 15

Dirección IP
Prepara esta proba en word e envíalla por correo electrónico á profe.
A boa presentación é importante.Letra 12.

QUE É A DIRECCIÓN IP
· Nunha rede, os ordenadores que a constitúen se identifican ca dirección IP (Internet Protocol ou Protocolo de Internet).
· Está composta por 4 números, separados por 3 puntos. Cada un dos 4 números pode valer dende 0 a 255.
· Exemplos:
192.168.2.3
199.22.125.15

CÓMO AVERIGUAR A DIRECCIÓN IP DO TEU ORDENADOR
· Abre o menú INICIO e selecciona a opción: EXECUTAR abrirase unha fiestra. Escribe cmd e a continuación introduce o comando ipconfig.

ACTIVIDADES
1. Averigua cal é a dirección IP do teu ordenador completando a seguinte táboa:
Dirección IP
Máscara de subred
Porta de enlace predeterminada (router)

2. Enche esta mesma táboa cos datos do teu compañeiro da dereita:
Dirección IP
Máscara de subred
Porta de enlace predeterminada (router)

3. Indica cales das seguintes direccións IP son correctas e cales son erróneas:
122.44.85.1
140.23.44
1000.200.300.400
140.262.28.32
130.206.44.220
22.33.44.55

No hay comentarios:

Publicar un comentario